blix



Oli: Conto para non comer
Ilustracións de Andrés Meixide

Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2005
White Ravens 2006

Conto para non comer

Como todas as noites, a nai de Antón púxolle unha cunca de leite na mesa. Pero el non tiña fame. Sentía ante aquel mar branco e aquela néboa quente que Pedro Chosco viña petarlle suavemente nos ollos. Ela reclamou ao pai, que lle trouxo o can; o pai pediulle ao avó que lle tallase coa súa navalla barquiños de miga de pan que botou no mar de leite; o avó chamou pola madriña, que desfixo a néboa soprando como un vento; esta acudiu á veciña, coa súa manta de la de vinte e cinco ovellas, que o envolveu na súa calor; a veciña amañou para que o tío Ernesto lle trouxese unha canción de dous grilos chillóns nunha gaiola... mais Antón seguía a ter máis sono que fame. Entón el pediulle á avoa un conto para que lle viñese a fame, e ela veu contarlle a historia do galo que manchou o peteiro, da malva que non llo limpou, a ovella que non a comeu, o lobo que non comeu a ovella, do can que non trabou o lobo, ao que non bateu o pau, que non queimou o lume, que non apagou a auga que coa súa corrente levou o galo que non puido ir á voda do seu tío. E cando rematou o leite estaba tan frío e os ollos de Antón tan pechados que a nai colleuno no colo e meteuno na cama.
Edición en formato álbum con rotundas ilustracións a toda páxina e cores.

36 p. - 19x16 cm.                                                          ISBN    84-8288-860-9



.

RECENSIÓNS

  .      Para non comer - Faro de Vigo


Conto para non comer . Oli: Conto para non comer
Ilustracións de Andrés Meixide


Col. No país dos contos, 7
Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007


Reedición noutra colección


28 p -18x20 cm ISBN  84-9815-789-7/978-84-8288-986-3



Opinion