|
Antón
Cortizas: Contín contón |
![]() |
Era unha vez un
animaliño de rabo peludo. Tiña dúas patiñas
pequerrechas coas que agarraba noces e landras e movíase polas
árbores veloz como un raio. Un día subiuse a un piñeiro
máxico que daba unhas pinas que facían esquecer algunha cousa a
quen as comía. Comeu unha el e xa non soubo quen era. Preguntoulle ao
lobo, ao corvo e ao sapo, pero ningún deles lle dixo quen era, malia que
o sabían, para que o conto non rematase. Ata que saíndo da fraga
subiu a un piñeiro e chegou á xanela dunha escola. Os nenos, ao
velo, admiraron felices o esquío. E como el xa soubo quen é, o
conto pode rematar. |
|