blix



Lino Braxe: O conde-vampiro
Ilustracións de Matalobos
Col. Sotelo Blanco infantil e xuvenil, 22. Serie O lapis
Ed. Sotelo Blanco. Santiago, 1995

O Conde-vampiro

O Conde-vampiro, que vivía nun castelo medieval nas montañas do Cebreiro, ameazou un día a todos os veciños da aldea prohibindo rir ou cantar pasadas as doce da noite. Por esta razón, durante anos, ninguén se atreveu a facer tal cousa.
Ata que chegaron ao lugar Héctor e Ariadna e fóronse entrevistar co conde. Entón souberon a razón da súa ameaza: sentíase moi só e estaba moi enfadado coa xente porque lle escapaban todos como se estivese maldito e ninguén quería xogar con el. Desde que os dous nenos van xogar ao castelo pola noite e facerlle compañía ao nobre vampiro, as xentes do Cebreiro xa poden cantar, rir e bailar.

40 p. - 13x18 cm.                                                            ISBN    84-7824-230-9



Opinion