blix



Marta Álvarez: ¡Como está o galiñeiro!
Ilustracións de Marta Álvarez

Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2002

¡Como está o galiñeiro!

Chegaron as vacacións de verán. Uxía e seu pai marcharon como sempre para a aldea. A rapaza púñase triste só de pensalo. O pai, o profesor Viraventos, pechábase no seu laboratorio científico soñando con descubrir algo grandioso. Entrementres, Uxía encargábase das galiñas, aburrida e moi soa.
Pero desta vez ocorreu algo insólito: nun descoido, as galiñas entraron no laboratorio do pai. Ao día seguinte, no galiñeiro apareceron uns ovos enormes, como os de Pascua, de moitas cores, aínda que sen chocolate. ¡As apócemas secretas do profesor provocaran que as galiñas puxeran uns ovos surrealistas!. O luns escachou o primeiro e saíu del unha pequena galiña vermella que facía enormes burbullas de xabrón. O martes, outra que se puxo a tocar o violín e tivo aos dous bailando toda a tarde. A do mércores saíu pegando chimpos e fixo equilibrios no tendal e malabarismo. O xoves, unha artista con peteiro en forma de lapis co que empezou a pintar as paredes da casa. A do venres levou a Uxía polos aires e ensinoulle a vila desde arriba.
Foi o mellor verán de Uxía. Por fin o profesor fixera un descubrimento importante: unhas galiñas moi tolas e divertidas, que pecharon nun enorme galiñeiro para que os nenos puidesen coñecelas.

32 p. - 18x20 cm.                                                             ISBN    84-8302-862-X



Opinion