| María
Reimóndez: Colegas do futuro Ilustracións de Lino Sánchez Col. Montaña Encantada. Serie Azul. Ed. Everest Galicia. León, 2006 |
![]() |
Neste episodio da serie, os tres amigos van dar unha volta polo
faro da Estaca de Bares e na illa Coelleira ven a tres "macarras" con "chupas"
e motos acuáticas. Atópanos no porto do Barqueiro e paseando con
eles pola praia de Cariño cóntanlles que están por
alí co obxectivo de atopar a un compañeiro que se desprazou desde
Ortegal douscentos anos no futuro. Deciden continuar a busca cos novos amigos.
Ensínanlle unha foto ao fareiro do faro Ortegal, que di telo visto pola
zona. Buscan en Ortigueira, no Castro dos Prados, co seu forno de pedra, e por
fin dan con el no dique do porto de Bares. Di que non desapareceu, senón
que lle gusta tanto a comarca que non quere marchar de alí. Con el como
guía, coñecen entón as Grañas da Serra da Faladoira
e camiño de San Andrés de Teixido descobren a fermosa
panorámica da ría. E marchan todos contentos, agás Ulises,
que se atopaba por certo moi a gusto coa cadela Penélope. |
|