blix



Luís Rei: Colección de bolboretas
Ilustracións de Fausto

Col. Sotelo Blanco infantil e xuvenil, 15. Serie O lapis
Ed. Sotelo Blanco. Santiago, 1993

Colección de bolboretas

Velaquí un conto con tesouro e todo. O rapaz máis traste da aldea de Agras, o cura, un cego e mais un preso fuxido da illa de San Simón compoñen a tripulación entusiasta do Mascato. Neste conto as bolboretas falan e revelan o lugar no que se atopa o ouro dos galeóns de Rande. Todo vai cambiar para os intrépidos que se aventuran mar adiante seguindo as instruccións do mapa: "Para quen me colla". Este estaba debuxado nunha cartolina que casualmente atopara o neno a quen a xente de Agras chamaba Corcón, como ás crías dos muxos.

40 p. - 13x18 cm.                                                      ISBN    84-7824-183-3




A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996



Opinion