blix



Xosé Miranda: O coello Federico e os morodos
Ilustracións de Roberto Yepes

Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2000

O coello Federico

Érase unha vez o coello Federico, alegre, corredor e roedor, que de cando en cando ía á aldea sen ter medo dos homes nin dos cans, aos que coñecía polos seus nomes. Estaba farto de comer sempre verde. Paseando un día viu nunha horta abandonada unhas cousas vermellas, graúdas e engurradas. Probounas: estaban tan boas que comeu nelas ata máis non poder. E, claro, enfermou, inchoulle moito a barriga. Os primos, enteirados, foron á horta e ao ver que eran fresas, acabaron coas que quedaban, de tal xeito que cando a el lle pasou a barriga, gracias a comer moita verdura, e volveu, xa non quedaba ningunha.
Atopou máis noutra horta e botoulles pemento. Así cando os primos foron comelas picaban tanto que case rebentan. E, claro, enfermaron, choromicaron e colleron unha tremenda diarrea. Ao lles preguntar se sabían quén as comera, contestáronlle que non foran pois andaban a dieta. Nunca máis volveron comerlle os morodos ao curmán.
Historia en verso rimado na que as ilustracións xogan un destacado papel.

24 p. - 18x20 cm.                                                             ISBN    84-8302-571-X



Opinion