blix

autor           ·         lector           ·         colección           ·          xénero           ·         ano



Azucena Arias Correa: A cirurxiá
Ilustracións de Rubén Pérez Lorenzo

Col. O Parrulo, 18. Ed. Ir Indo. Vigo, 1998

A cirurxiá

A galiña Cacaracá é cirurxiá na Clínica Peleteiro. É recoñecida en toda a granxa como unha boa profesional: operou con éxito ao vello gato, cun forte cólico por comer sementes detrás do tónico para os dentes; vendou á parrula Sofía, que rompera a á; curou unha marrá, sandou un galiño e vai intervir un ratiño.
Só non se decide a vir onda ela o cempés Rubén, que ten un nocello mancado, por medo a que o zampe en vez de curalo; intenta convencelo o barulleiro grilo, aínda que quen o fai cavilar de verdade é o pavo, co argumento de que así lle será máis fácil pillalo.
Conto rimado con texto sinxelo e ilustracións a toda páxina.

26 p. - 20x17 cm.                                                         ISBN    84-7680-283-8



Opinion