blix



Mon Daporta Padín: Cinco historias sen fin
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

Cinco historias sen fin

A árbore esperta, cría os froitos que regala logo, fai unha festa e descansa espida: son as estacións do ano. Tamén están as fases da lúa mentireira, que medra cando encolle e cando di que debala, medra. E as partes do día: desde que se ergue o sol até que se retira, deixando a lúa prendida. A bolboreta puxo un ovo, e del naceu unha eiruga que se pechou nun casulo e transformouse en bolboreta. Ademais, o galo e mais a galiña foron xuntos pasear deron unha volta e outra e volveron comezar.
Son cinco textos presentados nunha caixa, compoñendo unha orixinal colección de contos mínimos de catro páxinas, encartables segundo unhas sinxelas instrucións. A lectura convértese así nun xogo manual no que unha liña de texto presenta a historia anecdótica protagonizada por animais, segundo unha estrutura circular. As ilustracións, de trazos directos e coloristas, están ao servicio dunha doada lectura visual dos primeiros lectores.

20 p. - 16x16 cm.                                                        ISBN    978-84-8341-025-7



Opinion