blix



Mon Daporta Padín: Cinco contos con volta
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

Cinco contos con volta

A galiña que puxo un ovo, e del naceu unha pita que co tempo puxo outro ovo. O rato que fuxiu polo burato, onde cómpre buscalo. Manoliño pescou un peixe pequeno, que lle deu tanta mágoa que o volveu ao mar e o conto volve comezar. O cangrexo con tal de facer camiño vai para adiante ou para atrás. O coello branco, ceibo no xardín, fuxiu para o outro lado do valo...
Son cinco textos presentados nunha caixa, compoñendo unha orixinal colección de contos mínimos de catro páxinas, encartables segundo unhas sinxelas instrucións. A lectura convértese así nun xogo manual no que unha liña de texto presenta a historia anecdótica protagonizada por animais, segundo unha estrutura circular. As ilustracións, de trazos directos e coloristas, están ao servicio dunha doada lectura visual dos primeiros lectores.

20 p. - 16x16 cm.                                                        ISBN    978-84-8341-030-1



Opinion