blix



Maruxa Olavide: As cinco amigas
Ilustracións de Mª Fe Quesada

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2000

As cinco amigas

Era unha vez unha vila tan pequena que só vivían nela cinco familias. Cada unha tiña unha filla. Eran rapazas ben diferentes: A era a máis vella, peiteaba o pelo dourado en dúas longas trenzas; E, moi moura e seria, peiteábase con raia ao lado; I, delgada como un pao, tiña coleta recollida con goma de bólas negras; O, repoluda e gorda, levaba o pelo cortado ao cero; U, a máis cativa, tiña mal xenio e gustáballe asustar ás outras. Como eran tan poucas, aburríanse.
Certo día chegou a numerosa familia Consoante, con dezaoito fillas. A máis vella chamábase B e a máis nova Z. As rapazas miraban con receo e medo ás forasteiras, ata que B lles propuxo facérense amigas e xogar a facer palabras. Aceptaron e empezaron a xuntarse en grupos formando palabras como risa, canto, amor ou amizade. Desde entón a xente aprendeu a comunicarse mellor, porque dos seus xogos naceron todos os idiomas do planeta Terra.

48 p. - 21x19 cm.                                                          ISBN    84-403-0398-X



Opinion