|
No pobo de Choio os homes eran libres e felices
pois por orde do seu rei Talento estaba prohibido o diñeiro. Labregos e
mariñeiros intercambiaban os froitos do seu traballo e non
existía a cobiza nin a envexa ao non ter ningún máis
cartos que o outro.
Un día apareceu un home elegante que deu en repartir onzas de ouro: era
o Capital. Sentíndose ricos, todos deixaron de traballar e comezaron a
pasar fame. Non tardou o home en volver e vendeulles de todo ata que se lles
acabaron os cartos. Entón mandounos traballar para poder comprar:
pasaran a ser escravos do diñeiro.
Talento deulles a solución: converter o intruso en estatua de ouro
dándolle a beber un zume especial. Así se libraron para sempre do
Capital e volveu a xustiza e a felicidade.
|