blix



Marisa Núñez: Chocolata
Ilustracións de Helga Bansch

Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006

Chocolata

Cando Chocolata, un hipopótamo femia, tomaba o seu baño diario na lagoa, soubo polo mono Teófilo que na cidade abriran unha estupenda casa de baños. Pareceulle divertida a idea de ila probar e alá se foi da selva á cidade coa súa minimaleta. Para intentar pasar desapercibida comprou un chándal, un camisón rosa, un bikini de talla súper e uns tenis con luciñas que se acenden e apagan ao camiñar. Xantou nun restaurante vexetariano herba da sabana en salsa verde. Na casa de baños, coa bañeira un pouco estreita, a auga demasiado escasa e o bikini algo xusto, pasou a tarde entretida charlando cos outros bañistas. Esa noite durmiu nun hotel de tres estrelas. E aínda que a cama era branda e o camisón curto, soñou coa selva e a lagoa.
Á volta, contoulles ás amigas da súa viaxe á cidade. Teófilo vestiu o camisón rosa, colgou os tenis na lagoa como se foran faroliños intermitentes e fíxoos rir coas súas monadas. E Chocolata chapuzou coma sempre na lagoa coas amigas. Pola noitiña, Teófilo contoulles un conto da selva africana de libro que ela lle trouxera de agasallo. E quedaron durmidas mirando as estrelas.
Álbum con espléndidas ilustracións a cores a toda páxina.

32 p. - 25x23 cm.                                                     ISBN    978-84-96573-62-8



.  
TRADUCIÓNS

castelan Chocolata
Il. Helga Bansch - Trad. Marisa Núñez
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-63-5
catalán Xocolata
Il. Helga Bansch - Trad. Ariadna Martín
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-64-2
catalán Chocolata
Il. Helga Bansch - Trad. Francisco Javier Ortega García
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-94-9
catalán Chocolate
Il. Helga Bansch - Trad. Mark W. Heslop
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2007
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96788-83-1
catalán Chocolata
Il. Helga Bansch - Trad. Dora Isabel Batallim
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2007
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96788-57-2



Opinion