| Darío
Xohán Cabana: Chirlo merlo na figueira Ilustracións de Xan Balboa Col. Sotelo Blanco infantil e xuvenil, 2. Serie O lapis Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1990 |
![]() |
Cando tres amigos chegan a unha figueira,
atópanse cun merlo comellón que non se dá fartado.
Intentan convencelo de que non acabe os figos e deixe tamén para eles,
pero Chirlo Merlo nin sequera fai caso da ameaza de que van chamar o pai
cazador. Por fin, acepta abastarlles os que están no máis alto e
ben madurecidos. E mañá han volver, pero sen abaloiras pois xa
son amigos. |
|