blix



Olalla González: Chibos chibóns
Ilustracións de Federico Fernández

Col. Os Contos do Trasno. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2003

Chibos chibóns

No alto dunha montaña vivían un chibo chibón pequeno, con chiba pequerrecha e cornos moi curtiños; outro mediano, con chiba nin grande nin pequena e cornos nin curtos nin longos; e un terceiro grande, de chiba grandona e cornos longos e revirados. Un día quixeron comer unha herba moi verde que medraba na outra beira do río, ao outro lado da ponte que protexía un trasno malvado e feo. Como vixiaba día e noite para que non pasase ninguén, decidiron enganalo: primeiro o pequeno e despois o mediano, conseguiron cruzar a ponte anunciándolle ao trasno que o seguinte tería máis que comer; logo, o chibo chibón grande deulle unha escornada tal que mandou o trasno por enriba do río. Así, os tres puideron comer moita herba e convertéronse en tres chibos chibóns ¡enormes!.
Adaptación a partir do conto popular en formato álbum.

36 p. - 22x22 cm.                                                               ISBN    84-8464-211-9



.  
TRADUCIÓNS

castelan Chivos chivones
Il. Federico Fernández - Trad. Olalla González
Col. Libros para soñar. Kalandraka Eds. Andalucía. Sevilla, 2004
34 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-933755-5-1
catalán Cabres cabretes
Il. Federico Fernández - Trad. Ariadna Martín Sirarols
Col. Llibres per a somniar. Kalandraka Editora. Barcelona, 2004
34 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-95730-61-8
Portugues Chibos sabichoes
Il. Federico Fernández
Col. Livros para sonhar. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2004
34 p. - 22x22 cm / ISBN: 972-8781-25-3
Inglés The three goats
Il. Federico Fernández - Trad. Susana López Rubio
Col. Books for dreaming. Kalandraka Eds. Andalucía. Sevilla, 2004
34 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-933780-4-6



Opinion