 |
A
pequena cebra Camila soñaba con deitarse na herba e que o vento lle
levase o cueiro e os tirantes que a súa mai lle mandaba sempre
poñer. Un día saíu da casa sen eles e un vento bandido
levoulle moitas das súas listas. Triste, no camiño de volta
á casa, os seus sete chorares conseguiron que lle desen: a serpe, un
anel; o caracol, unha listiña de prata; o arco da vella, un remendo
azul; a araña, unha arañeira de tule; a chicharra, unha corda do
seu violín; a oca, un amalló do botín que lle mancaba.
A súa última bágoa desapareceulle cando a mai,
considerando que xa era maior, opinou que debía esquecer os tirantes e o
cueiro, e regaloulle unha fita para a melena feita coas súas crinas.
|