blix



Xavier López Rodríguez: Catro pitas
Ilustracións de Mª Antonia Cortijos

Col. Tucán, 24. Serie Azul. Ed. Rodeira - Grupo Edebé. A Coruña, 2000


Catro pitas

Nun galiñeiro conviven catro pitas: Cachola -a máis forte, que lles crava o peteiro na cabeza ás outras pola comida ou porque si-, Coqueta -que ten un camiñar elegante-, Careta -chamada así pola mancha branca como un anteface que lle rodea os ollos- e Cora -a menos faladora de todas-. Como a todas lles desaparecen os ovos do niño, permanecen vixiantes para pillar o ladrón. Que resultan ser a ama ou a filla, que lles veñen roubar os ovos en canto escoitan o "cocorocó" celebrando a posta, deixándolles só un no poñedoiro de cada vez. Intrigadas polo seu destino, descobren, horrorizadas, que, ademais, os amos friten os ovos e cómenos.
Para impedir tal ofensa, acordan compartir un niño agachado e organizarse en quendas para que os amos non saiban que esconden algúns ovos. Nel, chócanos en secreto e un día saen deles doce fermosos pitiños que pasan a ser o orgullo e a admiración dos amos.
Elas deféndenos, orgullosas, dos gatos e tamén das persoas. Aínda que á rapaza da casa lle permiten coller un pouco de tempo os pitiños. Pero só a ela.

62 p. - 17x12 cm.                                                          ISBN    84-8116-724-X



.  
TRADUCIÓNS

castelan Cocorota y compañía
Il. Rosa Sández
Col. Tucán. Azul, 142. Ed. Edebé. Barcelona, 2003
62 p. - 17x12 cm / ISBN: 84-236-5498-2



Opinion