| Xoán
Couto: Os catro amigos Ilustracións de Noemí López Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1999 Premio Lecturas 2001 - Ata 8 anos |
|
Érase unha vez un burro vello que cando as forzas non
lle respondían comezou a ser maltratado polo seu amo. Decidiu
entón que o seu futuro estaba en tocar na banda municipal da cidade e
alá marchou. Polo camiño, uníronselle un can, un gato e un
galo, vellos tamén sen folgos e desprezados polos amos. Pillounos a
noite no bosque e cando ían durmir a ceo aberto viron unha casa. Estaba
ocupada por ladróns a darse unha enchente. Escorrentáronos,
irrompendo por sorpresa, e deron boa conta da comida. Logo,
confundíndoos aproveitando a escuridade, fixéronos fuxir
definitivamente. |
|