blix



Pepe Carreiro: Castañas con porco bravo
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Os Pequenos Barbanzóns, 2. Ed. Toxosoutos. Noia, 2007

Castaņas con porco bravo

No castro de Baroña, os Pequenos Barbanzóns están xogando a acertar o que comeron polo cheiro e cando mencionan as castañas asadas todos devecen por elas, polo que deciden ir ao souto. Atopan un castiñeiro xeitoso, pero xorde un porco bravo defendendo as súas castañas, polo que teñen que liscar e subir á cabana que fixera Baal nunha árbore. Como se vai botar a noite e o xabaril non se afasta deles, Baal co seu asubío secreto avisa aos cazadores da aldea, que acoden todos a defendelos con lanzas e mesmo un arpón mariñeiro. A piques están de cazalo de non ser por un ourizo que lle guinda Baal á testa xusto cando eles lle lanzan as súas armas. O animal, enfurecido, pega a perseguir os homes mentres os rapaces aproveitan para volver á aldea para comer as castañas. E os homes, desarmados, teñen que se agachar na cabana, co medo no corpo, e só poderán baixar cando o teimoso xabaril adormeza.
Edición con ilustracións a toda páxina e cores, que incorpora ademais pegatinas dos personaxes e unhas páxinas finais coas ilustracións dispostas para seren coloreadas polos lectores.

32 p. - 23x17 cm.                                                         ISBN    978-84-96673-34-2



Opinion