blix



Xoán Couto: A casiña de chocolate
Ilustracións de Macu Fontarigo

Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1998

A casiņa de chocolate

Un leñador abandona os fillos, Hänsel e Gretel, no bosque, por non ter con qué mantelos, segundo idea da súa muller e madrastra deles. Pero conseguen volver sós seguindo as pedriñas que ciscaran no camiño. Vólveos levar e cómelles un paxaro as migallas de pan que foran deixando polo que, perdidos, dan nunha casiña de chocolate: o engado dunha vella bruxa para atraer nenos e comelos. Logo de alimentalo ben, disponse a cociñar ao rapaz pero a irmá é máis aguda que a bruxa e bótaa ao forno. Como na casa había moitas pedras preciosas, lévanllas ao pai e foron os tres felices, morta xa a madrastra.
Adaptación do texto clásico os irmáns Grimm nun álbum a toda cor cunha concepción tipográfica espléndida.

24 p. - 20x20 cm.                                                          ISBN    84-923553-0-1



Opinion