blix



Colectivo Crisol: O casamento da pulga e o piollo
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Contos populares. Ed. A Nosa Terra. Vigo, 1998

O casamento...

Relato adaptado polos membros do Colectivo Crisol: Mª Carmen Aguín, Tina Parada, Elvira García, Carlos Alonso e Remedios Padín.
O piollo e a pulga desexaban casar, pero non tiñan pan nin onde o buscar. Algúns animais préstanlles axuda: a formiga ofrécelles pan; o lobo lévalles carne e o rato ofrécese a ser o padriño. Finalmente celebrarase a ansiada voda que se verá fanada coa presencia do gato.
Pode o pequeno lectorado coñecer esta historia, tanto a través do texto escrito coma das grandes e vistosas ilustracións, que o acompañan e complementan.

24 p. - 16x16 cm.                                                          ISBN    84-89976-41-4



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000




Opinion