| Alicia
Suárez: A casa dos gatos Ilustracións de Alicia Suárez Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1999 |
![]() |
Nesta adaptación dun conto popular italiano
cóntase que unha nai tiña unha filla e unha fillastra. A esta
mandábaa traballar diario. Un día tiña que traer leituga
e, ao non a atopar, arrincou unha col, que deixou un enorme burato con
escaleiras. Baixou por elas. Levaban á casa de tres gatos, que estaban
moi atarefados. Axudoulles nos seus labores, polo que a mai gata premiouna cun
vestido, zapatos, aneis e unha estrela na fronte. Estaba
fermosísima. |
|