blix

autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



Azucena Arias Correa: A casa do grilo e da chicharra
Ilustracións de Xulia Barros Barros

Col. O Parrulo, 23. Ed. Ir Indo. Vigo, 2000

A casa do grilo e da chicharra

Di o avó que a quen se muda alguén lle axuda. Así lles ocorreu, conta, ao grilo e á chicharra, cando quixeron mudar de casa para ter máis espacio onde tocar: o solar púxoo a miñoca, as formigas construírona, a couza fixo a porta, o ferrollo colocouno o piollo, de luz fixo a lucerna -a quen asentou no alto o saltón-, encerou o piso a abella e lustrouno o cempés, a cortina teceuna a araña e pendurouna a bolboreta, pintou o enreixado a mosca e adornouno con lunares a xoaniña.
Inaugurárona cunha festa, na que a chicharra cantou e o grilo tocou, que repiten cada ano: convocan a bicharada cantando para celebrar que teñen casa nova.

26 p. - 20x17 cm.                                                          ISBN    84-7680-340-0



Opinion