blix



Concha Blanco: A casa de cartón
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Montaña Encantada. Serie Vermella
Ed. Everest Galicia. León, 2000

A casa de cartón

Adela estreara uns zapatos de charón polo día da festa do patrón e cando os quixo poñer de novo, dous meses despois, non lle entraban os pés neles. Medráranlle, pero os zapatos seguían igual. Daríallos a unha curmá. E coa caixa, vermella, de cartón, ¿que podía facer? Unha casa.
Fixo, pois, unha fermosa casa. Un grilo que pasaba por alí axudoulle a rematala cun balcón e tarros con xeranios e, como cumpría habitala, instalouse nela. Despois veu tamén un vagalume, que tivo a idea de poñerlle cheminea, e moitos máis animais, para alegría de Adela, que a ningún dixo que non.
Pequena historia en verso libre na que as abundantes ilustracións xogan un importante papel.

60 p. - 12,5x19,5 cm.                                                          ISBN    84-403-0411-0



Opinion