blix



autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



Fran Alonso: A casa da duna
Fotografías de Manuel G. Vicente

Eds. Xerais. Vigo, 2002
White Ravens 2003

A casa da duna

Alba vive nunha pequena casa de madeira deitada sobre unha enorme duna que ten no seu final un faro. Vive co gato Bicos. Pesca no mar e cada día senta na area para ver o que traen as ondas, que segundo o día da semana son de cores distintas e poden vir con trasnos, fideos, estrelas de mar, lapis, laranxas dos mares de Sinbad ou espertadores das cidades.
Un día sobre unha onda descoñecida que parecía de algodón e sardiñas veu unha nena. Chamábase Alma e dixo non ter casa nin país. Avisouna de que ao día seguinte chegaría unha onda negra chea morcegos e anémonas que ía cubrir toda a duna. Escaparon camiñando toda a noite na praia interminábel deica o refuxio do faro. Un lóstrego longo como o pescozo dunha xirafa deu paso a unha intensa chuvia amarela. Desde o faro viron como unha fera onda negra, noxenta, asolagou todo. Ao que se retirou regresaron á casiña verde. A praia estaba ateigada de lixo: arañas, cepillos de dentes, mondas de plátano... E a casa de Alba parecía un iogurt de froitas do bosque, coas paredes de algas, lapas e anémonas.
Entón, Alma marchou. Na súa despedida, pronunciou en alto tres palabras máxicas: matagalpa, malembe, sonsolí. E desapareceu no mar.
Espléndida edición cun moi atractivo traballo de creatividade fotográfica.

42 p. - 20x20 cm.                                                          ISBN    84-8302-871-9



Opinion