blix



Gloria Sánchez: A casa de vidro do señor Clin
Ilustracións de Miguel Calatayud

Col. O Barco de Vapor, Serie Branca, 16
Ediciones S.M. Madrid, 1999

A casa de vidro do seņor Clin

O protagonista do libro é un artesán vidreiro que modela frascos artísticos para perfumes ante o pasmo de todos os nenos amigos. Home solitario e despistado, ocórreselle a solución para atopar todas as cousas da casa: facer moblaxe transparente.
Logo, decide disfrutar a noite poñendo tellas de vidro. E como as pedras lle parecen tristes, fai tamén as paredes de vidro e mesmo os camiños. Os veciños vano axexar abraiados pola súa casa tan transparente que nada agacha e afastan os nenos de alí.
Entón apodérase del a tristeza, e pouco a pouco vaise convertendo el tamén en vidro. Un día cae e o seu corpo marcha en perlas brillantes de orballo polos camiños e as prazas, como un rapaciño con zapatos de vidro.
O texto, tan fermoso, comparte unhas extraordinariamente elaboradas ilustracións.

64 p. - 19x12 cm.                                                               ISBN    84-348-6419-3



.  
TRADUCIÓNS

castelan La casa de cristal del señor Clin
Il. Miguel Calatayud - Trad. Pau Joan Hernández Fuenmayor
Col. El barco de vapor. Blanca, 79. Eds. SM. Madrid, 2000
64 p. - 19x12 cm / ISBN: 84-348-7042-8



Opinion