blix



Mon Daporta Padín: A carriza Aurora
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os amigos da rata Luísa, 8. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002

A carriza Aurora

A carriza Aurora, pequena e miudiña, é unha gran cantante. Érguese máis cedo que o sol e comeza a cantar. Pero antes fai a súa ximnasia, arranxa as plumas, practica exercicios de respiración, prepara a gorxa e afina. E entón recibe o novo día co seu concerto, alegrando a todo o rueiro.
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o libro, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                            ISBN    84-95350-42-4



Opinion