blix



Silvia Pazos Hermida: A carreira de sacos
Ilustracións de Rodrigo Chao

Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2007

A carreira de sacos

Unha mañá de agosto os animais do bosque decidiron facer unha carreira de sacos. Apuntáronse a pulga, a chicharra, a ra, o coello branco e mais o canguro. Entre grande expectación, comezou a competición e con ela as trampas: a ra quixo comer a chicharra, polo que foi retirada da competición; a pulga tamén, por se agochar no pelo do canguro; o coello, por soltar cagalletas para que comese a chicharra e se esquecese da carreira; a chicharra, por lle facer a cambadela ao canguro; e este tamén, finalmente, pois os xuíces descubriron que levaba dous resortes nos pés.
Ante o descontento xeral polo fracaso da carreira, fixeron unha festa: a ra e a chicharra puxeron a música; a pulga fixo números de circo; o canguro adornou o bosque con xoaniñas e vagalumes de cores que levaba na súa bolsa e o coello trouxo a sobremesa: cenorias da súa horta. Así, os animais do bosque perdoáronlles as trampas e proclamaron campións aos cinco.
Álbum con ilustracións a toda páxina e a cores.

30 p. - 18x20 cm.                                                             ISBN    978-84-9782-561-0



Opinion