blix



Xoán Babarro González: Carpametacarpadeduna
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2002

Carpametacarpadeduna

Carpametacarpadeduna ten máis letras que as areas dunha duna e cinco filliños: un delgadiño, outro loce un anel dourado, o do medio é un xigante, o seguinte indica camiños no ceo e o último é gordocho. Tiñan, como a mai, uns nomes hipersuperplenos que un día tamén amañeceron pequenos: Carpa, Firfi, Purpu, Marma, Reme e Gorgo.
Unha vez foron de aventuras ao País das Pinturas, onde había cinco casiñas dun pintor, cun tellado de cada cor. Fifi entrou na casa azul, pequecha, onde viu un mar con barcos navegando. Purpu na do tellado branco fixo un boneco coa neve. Marma escolleu a de verdes tellas e, namorado, xogou nun prado con flores ao si e ao non. Reme comeu pebidas dun lindo xirasol na de tellado amarelo. Gorgo, na do vermello, cabalgou nun palafrén por un fermoso rubién trazando poesías. Despois, ao vérense cada un da súa cor, ríronse moito e marcharon contentos comer unha pizza.

32 p. - 18x20 cm.                                                             ISBN    84-8302-688-0



Opinion