blix



Miro Villar: Carlota e a gaivota patiamarela
Ilustracións de Enjamio

Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2006

Carlota e a gaivota patiamarela

Desde moi nena, a marmota Carlota sentía o río como un amigo de seu co que apenas había segredos. Ata que un día lle preguntou onde ía toda a auga entre os penedos e el marchou sen lle contestar. A avoa contoulle que eles din sempre "nunca seremos mar" misteriosamente. Carlota decidiu botar a andar para descubrir o misterio do mar. Até que chegou a un punto no que desapareceu o río nun deserto negro e frío onde se lle enterraban os pés. De pronto unha figura estraña loitaba por saír do alcatrán. Rescatouna cunha tanza. Resultou ser unha gaivota patiamarela, que lle contou que o mar sempre fora verde e azul, até que un home malvado quixo converter o petróleo en ouro e contaminar o mar coa "marea negra". Comprendeu daquela por que os ríos repiten nunca seremos mar.
E a historia, en verso, remata co bico que lle deu a gaivota, que lle fixo cóxegas no pico.
Álbum en texto rimado, terceira entrega dunha serie iniciada con Carlota, a marmota que non quería durmir e continuada con Carlota e a bota perdida.

30 p. - 18x20 cm.                                                        ISBN    978-84-9782-422-4



Opinion