blix



Miro Villar: Carlota, a marmota que non podía durmir
Ilustracións de Enjamio

Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2000

Carlota, a marmota

Unha vez, hai moitos anos, existiu unha marmota que tiña o mesmo problema que moitos humanos: non daba durmido. Cando veu o inverno e todas as compañeiras se meteron nas tobeiras, ela empezou a dar voltas sen dar pegado ollo. Foi á gorida dos osos en busca de axuda e a osa Rosa recomendoulle que comese moito. Así fixo, rillando ata nos tellados, mais ese día tampouco deu quecido nin durmido. Buscou consello no leirón Ramón, pero non houbo xeito de espertalo. O castor Pastor recomendoulle virar de costas á Meca e meter as redondeces na auga do río varias veces, pero a auga estaba demasiado fría. O esquío Uxío suxeriulle unha beberaxe que só había en terras estrañas: unha tisana de valeriana.
Andou montes e valgadas ata que atopou a flor. Tróuxoa para a tobeira e, cando a estaba preparando, notou un certo cansazo por tanta viaxe. Entón, sen sequera probar a bebida, Carlota quedou durmida.
Historia en verso rimado na que as ilustracións xogan un destacado papel.

32 p. - 18x20 cm.                                                             ISBN    84-8302-570-1



Opinion