|
Xoán
Couto: Carapuchiña vermella |
![]() |
Érase unha vez
unha nena moi bonita. A súa nai queríaa moito. E a súa
avoa, que lle fixo unha carapucha e por iso lle chamaban Carapuchiña
Vermella, queríaa aínda máis. Unha tarde, a nai
encargoulle que lle levase á avoa, que estaba enferma e vivía ao
outro lado do bosque, un pastel e un bote de mel. Polo camiño, atopou o
señor lobo, que lle propuxo xogar a quen chegaba antes á casa da
avoa. El botou a correr canto puido polo camiño máis curto. A
rapaza foi polo máis longo e parou a coller amoras e facer un ramallete
coas flores que atopou. Cando chegou á casa da avoa, o lobo finxiu a voz
da neta e papou a anciá dun bocado, pois levaba máis de tres
días sen comer. |
|