| Xosé Antonio Neira
Cruz: Caramelos Martín Códax Ilustracións de Francisco Bueno Capeáns Letras Galegas 1998. Dirección Xeral de Política Lingüística. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. A Coruña, 1998 |
![]() |
O protagonista recibe o 17 de maio un agasallo sorprendente:
unha bolsa de caramelos co nome de Martín Códax e mais o
título dunha cantiga no exterior. Seica é un detalle do concello
para celebrar a efeméride. Descobre logo abraiado que a xente recita
cantigas do célebre xograr e teoriza sobre a súa vida unha vez
que os proba. Mesmo se intercambian os diferentes sabores-cantigas. Ollando a
ría, tamén a el lle sae "Ondas do mar de Vigo..." cando
supera o escepticismo e proba os seus caramelos. |
|