| Manuel Uhía: O
caracol sen sol Ilustracións de Manuel Uhía Col. Rañaceos. Everest Galicia. León, 2005 |
![]() |
Aquela primavera, os animais do país do Norte
estaban moi tristes porque o sol esquecera quentar a terra e a neve do inverno
seguía a cubrir montañas e vales. Os animais máis febles apenas
saían dos seus tobos, as margaridas non daban agromado, as crisálidas das
bolboretas preferían seguir encerradas nas súas casulas e o caracol non se
atrevía a saír daquel tronco de bidueiro. Ante esta situación, o
grilo pediulle ao esquío que avisase a aguia para que esta lle dixese ao vento que
espertase o sol, que debera quedar durmido, antes de que o amigo caracol morrese de
frío. O esquío aceptou a cambio de que lle contase un conto, mais, por medo
a ser comido pola aguia, preferiu pedirllo ao moucho. O moucho tamén aceptou a
cambio de que lle contase un conto no que saíse un moucho. A raíña
das alturas aceptou , a cambio igualmente de que lle contase un conto. Voou moi alto ata
onda o vento, ocupado en mover cara ao sur unhas nubes preguiceiras, que asumiu o
encargo, a cambio de que lle contase o conto do "Caracol sen sol". |
|