| Xoán R.
Cuba: O caracol Remoldiño Ilustracións de Óscar Villán Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2003 |
|
Tres amigos caracois mercaron unha empanada e
marcharon ao monte papala. Como Remoldiño era o máis pequeno, os
outros dous mandárono ir por viño á taberna. Desconfiando
que a comesen entrementres, agachouse detrás dunha pedra atusmando o que
pasaba coa empanada. Pero os outros esperaban con paciencia e resignados. Para
enganar a fame puxéronse de brinqueta: un tocaba a gaita e o outro a
pandeireta. Cansos de tanto baile, puxéronse logo a xogar á
brisca. E así estiveron dous días agardando polo viño.
Como tiñan moita fame, e cansos de esperar a Remoldiño,
dispúxeronse a merendar. Nisto saíu Remoldiño do seu
escondedeiro dicindo: "Ai, larpeiros, comelláns... Menos mal que andei
lixeiro... Iades comer a empanada sen agardar por min. Pois xa non vou polo
viño". |
|