blix



Gloria Sánchez: O capitán Ro e o gato Bo
Ilustracións de Xan López Domínguez

Eds. Xerais. Col. Merlín. Vigo, 1994


O capitán Ro e o gato Bo

O protagonista desta historia, o capitán Ro, viaxa na súa nave espacial desde o planeta do que é orixinario ata a terra, onde se dedica a comer todo o que comece pola sílaba ro, xa que esas cousas son as que máis lle prestan. Dese xeito, os xardíns van quedando sen rosas e rododendros, os coches, os avións, os trens e as nenas que xogan nos parques sen rodas, e mesmo as autoridades que saen pola televisión sen rogos.
Menos mal que ó gato Bo se lle ocorre unha xenial idea para frea-los impulsos devoradores do seu amo. Con el a terra e todo o que nela comeza por ro líbranse da destrucción e o gato Bo consegue sona en todo o mundo. Pero hai un problema: a Bo resúltanlle apetitosos os bois, as bolboretas, os boticarios, as bombonas, o botafumeiro da catedral...

86 p. - 13,5x19 cm.                                                          ISBN    84-7507-814-1

A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



Opinion