blix



Manuel Rico Verea / Carme López Taboada: Cantares
Ilustracións de Francisco Salvà

Ed. Casals. Barcelona, 1983

Cantares

Subtitulado "Poemas musicados" presenta 37 cancións co obxectivo de constituíren un complemento de material de traballo na escola. A edición acompáñase dunha fita de casete coa interpretación musical dalgunhas cancións.
Despois dun prólogo de David de Prado Díez sobre a creatividade e as posibilidades expresivas da canción, preséntanse os textos, de orixe popular ou orixinais dos autores, comezando polos máis elementais. A estructura formal é sinxela e a temática intégrase no imaxinario infantil. En xeral, agás na última parte, que só presenta as letras, ao lado das cancións figura a notación musical, dos propios autores ou popular.
Péchase cunhas orientacións pedagóxicas para a Área de Lingua que recollen actividades de expresión, contido, investigación, recollida e motricidade, exemplificadas con catro cancións. E logo outras máis breves para a Área de Música.

102 p. - 26x20 cm.                                                               ISBN    84-218-0446-6



Opinion