blix



Yolanda Castaño: Cando eu saiba ler
Ilustracións de Xosé Tomás

Col. Tartaruga, 8. Ed. Galaxia. Vigo, 2009


Cando eu saiba ler

"Cando eu / saiba ler / moitos libros / hei de ter, / e as palabras / a voar / polos aires / vou botar". Dende esta declaración inicial, que tamén pecha o libro, os versos, breves e directos como xogos eufónicos, vanse enchendo de vogais que a voz poética lles reclama sucesivamente ás ondas do mar, aos golfiños ou ao rabo de can; ao gato montés, ao bebé ou ao cempés; ao grilo, ao mono tití ou ao galo; ao saltón, ao paxaro ou á Osa Maior; á árbore, ao lucecú ou ao mar azul.
Así, repasando tres veces cada unha das vogais, na compañía dun mensaxeiro diferente, anuncia que cando saiba escribir fará versos con palabras máxicas de medo, que dan risa ou fan chorar, facendo festa no corazón.

24 p. - 16x19 cm.                                                          ISBN    978-84-9865-171-3



Opinion