blix



Dora Vázquez: Campo e mar aberto
Ilustracións de Nenos da Agrupación Escolar de Muxía - Luis Cid

Ediciones Celta. Lugo, 1975

Campo e mar aberto

Obra dividida en dúas partes, en torno a elementos do campo e do mar. Aínda que todos eles teñen en común o ton poético, cada parte componse de breves textos en prosa con finalidade reflexivo-didáctica, poemas e narracións curtas a modo de exemplificacións. Así, na primeira parte, os niños dos paxaros e as anduriñas, as formigas e as abellas, a galiña e as súas pitiñas, o grilo, o lagarto ou a bolboreta, a viola e a árbore ou unha dramatización entre unha rocha e un río, protagonizan as historias motivadas por temas como as relacións mai-fillos, o paso das estacións (a primavera, o outono) ou o tempo de Nadal e Reis. O mar, cos seus navegantes, a estreliña de mar, as buguinas, o martiño pescador, os navíos e mais o faro, conforma o eixo dos poemas e historias da segunda parte.
Ademais, unha boa parte dos textos van acompañados dun vocabulario galego-castelán e exercicios de comprensión a pé de páxina

86 p. - 15x21 cm.                                                          ISBN    84-7044-074-8



Opinion