| Varios:
IX Campaña de fomento da lectura Dirección Xeral de Cultura. Consellería de Cultura e Xuventude Xunta de Galicia. Santiago, 1994 |
|
Memoria da campaña institucional de promoción da
lectura levada a cabo ao longo do curso escolar 1993-94 na que participaron 100
colexios galegos e máis de 12.000 rapaces e rapazas. Co lema "Un libro
fai amigos" e un deseño-imaxe da campaña realizado por Uqui
Permuy, distribuíuse entre os participantes diverso material
publicitario (pegatinas, botes-lapiseiros, etc.). Os colexios seleccionados
recibiron ademais unha pequena biblioteca literaria. Coa colaboración de
nove escritores e tres ilustradores, publicáronse tres libros: "Tres triscadas",
"Retrincos de historias" e "Aí está o conto", dirixidos cada
un a un ciclo escolar. Celebráronse asemade encontros con autores e un
concurso literario. |
|