blix



Varios: VIII Campaña de fomento da lectura
Dirección Xeral de Cultura. Consellería de Cultura e Xuventude
Xunta de Galicia. Santiago, 1993

Campaņa de fomento...

Memoria da campaña institucional de promoción da lectura levada a cabo no curso escolar 1992-93. Co lema "Unha ventá aberta á imaxinación" e unha imaxe de campaña deseñada por Manuel Uhía en diferentes soportes publicitarios, desenvolveuse en cen colexios públicos e privados de E.X.B. de toda Galicia (dos que figura a relación). Envióuselles a todos eles unha pequena biblioteca seleccionada, promovéronse encontros con escritores e distribuíronse tres libros con textos e debuxos orixinais de recoñecidos autores especializados en literatura para nenos (Os contos da campaña 1, 2 e 3).
Convocouse asemade un concurso literario, do que se reproducen os tres traballos premiados en cada un dos tres ciclos, ademais do cómic galardoado no apartado de traballos colectivos, do C.P. Chan-Leirado, de Salvaterra de Miño. Péchase a edición coa presentación dos resultados estatísticos da habitual enquisa sobre hábitos lectores.

82 p. - 16x16 cm.                                                               ISBN    84-453-0870-X



Opinion