blix



Varios: III Campaña de fomento da lectura
Subdirección Xeral do Libro e Bibliotecas. Dirección Xeral de Cultura.
Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia. Santiago, 1988

Campaņa de fomento...

Memoria da campaña institucional de promoción da lectura levada a cabo entre decembro de 1987 e abril de 1988. Logo dunha breve explicación sobre o desenvolvemento da campaña, recóllense os traballos de alumnos dos diferentes centros de Galicia que participaron no concurso de redacción e expresión plástica e que, segundo o criterio do xurado, foron merecentes de premio ou accésit. Os premios, tres para cada unha das modalidades, recaeron nesta edición en Mª Purificación Pérez Calvo, Alberto Adriano García García e Javier Veiga Iglesias no apartado de redacción; no de expresión plástica os galardoados foron Ernesto González Torterolo, Mª Victoria Carballo Magariños e Olallla Bernardo González.
Péchase o libro cunha análise dos datos e valoración da enquisa sobre hábitos de lectura, unha relación dos cincuenta e nove colexios participantes na campaña e un anexo cos preto de trescentos títulos que se incluíron na exposición bibliográfica sobre literatura infantil e xuvenil.

118 p. - 16x16 cm.                                                           ISBN    84-505-8211-13



Opinion