blix



Varios: II Campaña de fomento da lectura
Subdirección Xeral do Libro e Patrimonio Documental. Dirección Xeral de Cultura.
Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia. Santiago, 1987

Campaņa de fomento...

Memoria da campaña institucional de promoción da lectura levada a cabo no inverno de 1987. Logo dunha breve explicación sobre o desenvolvemento da campaña, recóllense os traballos de alumnos dos diferentes centros de Galicia que participaron no concurso de redacción e expresión plástica e que, segundo o criterio do xurado, foron merecentes deste recoñecemento. Os premios, tres para cada unha das modalidades, recaeron nesta edición en Fernando Vilariño Freire, Susana Ares Lodeiro e Ángeles Fandiño Parcero no apartado de redacción; no de expresión plástica os galardoados foron Susana Arias Pérez, Juan Ulloa Calvo e María López Viñas.
Péchase o libro coa enquisa sobre hábitos lectores, na que participaron cincuenta colexios, da que se valoran os contidos e analizan os datos, incluíndo a correspondente tabulación.

112 p. - 16x16 cm.                                                            ISBN    84-505-7603-8



Opinion