| Ánxela
Gracián: Camiño solitario Ilustracións de Federico Fernández. Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2006 |
|
Era un carreiro diminuto feito de reviravoltas que se perdían no bosque,
unha liña de terra que, mentres esperaba que regresase "aquel que un
día o debuxara con aloumiños", viu na súa soidade pasar o
inverno con medo, a primavera co seu verdor, o verán que o amarelou e o
outono coa súa música. Pero nin unha pedra que pousou nel nin a
fonte que naceu nos seus brazos viran a "aquel...". Tampouco o toxo. A herba
empezou a cubrilo. Estaba a piques de morrer. |
|
|
![]() |
Ánxela Gracián:
Camiño solitario Ilustracións de Federico Fernández Col. No país dos contos, 9 Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007 Reedición noutra colección 28 p -18x20 cm ISBN 84-9815-791-9/978-84-8288-988-7 |