blix



Emilio R. Gregorio Fernández: Calriños e o abó
Debuxos de Trichi, Ilda e Alberte

Editorial Galaxia. Vigo, 1972

Calriños e o abó

Calriños é un neno de cinco anos que naceu e vive na cidade, Foi pasar os dous meses de vacacións de verán á aldea, á casa dos avós. O avó, a quen axudou nos labores do campo, contoulle moitos contos, que el vai recordando á hora da cea, de volta na casa.
Cóntalles, entón, a historia dun neno que lle contestou ao cura que Deus non podía estar no forno de seu pai porque non o tiña; do neno parvo que foi vender un coello á feira e volveu sen o animal e sen os cartos, malia o mendo vermello que a mai lle puxera na xeonlleira do calzón, que lle chimpou outro rapaz e vendeulle o coello; dun fillo e o pai que non razoaban "a direito" e así cando lle mandou ao rapaz levar as ovellas ao monte, como este non sabía qué facer con unha que había morta na corte, o pai díxolle "Burro / fillo dun burro / Bótalle unha presa de herba / e déixaa na corte"; da familia do Merlo que atopando "un embrullo cincento" no caldo, coidando que era un sapo e que estaban envelenados, mandaron vir o médico, pero resultou que só era un "novelo de liñas"; dun tren que lle matou a un pegureiro tres ovellas que estaban na vía e logo explicoulle ao amo que lle matara só tres porque viña "de punta", pois "si acerta a vir atravesado / mátanos todas as ovellas / e a min con elas".

32 p. - 24x17 cm.                                                               D.L.    VG. 190/1972



Opinion