| Mª Dolores
Rial Fernández: O calcetín
amarelo Ilustracións de Ramón Trigo Col. O Parrulo, 21. Ed. Ir Indo. Vigo, 1999 |
|
O
calcetín amarelo vivía só no costureiro porque perdeu a
súa parella un día de xistra. Ata que o avó Ramón o
atopou e cavilou no que podía facer con el: un cabaliño se se lle
poñen ollos, orellas, etc. para xogar a viaxar; un monicreque
pintándolle a cara, que ata pode ter nome de seu, para inventar e contar
mil historias; unha bolsa de tesouros onde gardar sorrisos, croques ou pedras,
para soñar; un gorro con pompón e flor para agasallar á
Señora Lúa, por exemplo; ou un guante, un peto, un bolso... |
|