blix



Xosé A. Neira Cruz: A caixa do tesouro
Ilustracións de María Lires

Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001

A caixa do tesouro

Trata esta adaptación a partir do conto popular dunha pobre viúva con tres fillas que recibira como única herdanza da súa mai unha caixa, coa advertencia de non abrila ata ser vella, pois senón o seu poder desaparecería. Cando as fillas o souberon, atendérona moi ben na súa vellez arelando ser donas daquel tesouro: a máis vella, Rosalinda, facíalle comidas ricas, Salinda, a do medio, tiña a casa limpa e Linda, a máis nova, cosíalle a roupa. Como as tres a trataran con cariño, todas merecían herdar a caixa do tesouro, polo que a mai entregoulles antes de morrer cadansúa chave, coa advertencia de que o tesouro as axudaría sempre que fose unha soa quen abrise a caixa. Pero elas non se poñían de acordo sobre a quen lle correspondía abrila. E así pasou o tempo, chegoulles a vellez sen se poñeren de acordo e foron morrendo.
Cando só quedou Linda, meteu as tres chaves en cadanseu ferrollo e só atopou dentro un papeliño: ¿sería o mapa dun tesouro? Érao, aínda que unicamente tiña escrita unha palabra: "Harmonía". A vella Linda sabía o importante que fora aquela palabra-tesouro para manter a unión entre as irmás ao longo de toda a vida.

36 p. - 22x22 cm.                                                               ISBN    84-8464-106-6



Opinion