|
| Azucena Arias:
A cadela e o óso Ilustracións de María Xosé Pulido Col. O Parrulo, 25. Ed. Ir Indo. Vigo, 2001 |
![]() |
Unha cadela descubriu un óso que tiña moi boa
pinta na póla dunha maceira. Quixo collelo, pero como estaba moi alto
nin saltando lle chegaba. Intentouno subíndose a unha pedra,
poñendo un banco enriba dela, enriba deste un ladrillo, sobre o que
colocou unha pota, e sobre esta un bote, ao que lle engadiu un pipote e por
último un dedal. Entón si que o deu collido. |
|