blix



Antonio García Teijeiro: O cabalo de cartón
Ilustracións de Manolo Uhía

Col. Ala Delta, 24. Serie Vermella
Ed. Edelvives. Zaragoza, 1992

O cabalo de cartón

Os nenos escoitan ao avó dicir en voz alta poemas ou contar contos no seu cuarto, pero non lle fan caso. Se tal, abren a porta para facerlle a burla. Só Antía desexa entrar, pero teme que lle rifen se o fai.
Un día de outono que quedou soa na casa, pediulle que lle lese no salón aqueles versos do cabalo de cartón. Ela lembrou o seu, Turbante, que non puidera traer cando se trasladaran para a cidade por estar moi roto. Sentiu que volvía á aldea e galopaba no seu descolorido cabalo visitando o vello hortelán que falaba coa choiva, a señora Engracia, que seguía contándolles contos aos nenos, e chegaba onda a nube branca con forma de árbore que vía os seráns de outono desde a súa ventá, a mellor compañeira dos seus días tristes.
Como Turbante arfaba canso, regresou. Abriu os ollos: o avó marchara sen facer ruído crendo que ela durmía. Colleu o libro dos versos, leu, e ao pouco o soño con forma de cabalo levouna ao seu dormitorio sen sequera pechar o libro.

48 p. - 18x13 cm.                                                               ISBN    84-263-2449-5



O cabalo de cartón . Antonio García Teijeiro: O cabalo de cartón
Ilustracións de Manolo Uhía


Col. Ala Delta. Serie Vermella, 11
Ed. Tambre / Edelvives. Vigo, 2005


Reedición con novas ilustracións


48 p. - 20x13 cm.         ISBN    84-263-5622-2



Opinion