blix



Marta Rivera Ferner: A bufanda de dona Melosa
Ilustracións de Marta Rivera Ferner

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2004

A bufanda de dona Melosa

Dona Melosa era unha abella moi velliña que se aburría moito. Mentres as novas saían todas as mañás a traballar fóra do panal, ela non sabía qué facer.
Cansa de estar aburrida, foi comprar la para tecer unha bufanda. Mercou un nobelo de cada cor e como eran tantos fixéronlle unha casa para ela soa no medio do xardín, co teito vermello e as paredes de mel. Alí pegou a tecer día e noite unha bufanda enorme que saíu da casa e mesmo cubriu todas as flores. Entón as abellas non atoparon o néctar para fabricar o mel. Ela seguía tece que tece e a bufanda cubría xa os xardíns veciños e tapara algunhas rúas da cidade.
Por iso as abellas decidiron regalarlle a bufanda á lúa, que sempre tiña cara de frío. Pero dona Melosa seguiu tecendo: xerseis subidos para as xirafas e medias para os flamengos.

48 p. - 21x19 cm.                                                            ISBN    84-403-0439-0



Opinion